0
O Consello da Xunta aprobou este luns o calendario laboral para o ano 2027. Ao ser en domingo o 25 de xullo e o 15 de agosto, o executivo autonómico optou por designar os días 19 de marzo (San Xosé) e o 17 de maio (Día das Letras Galegas) como os festivos propios da comunidade galega. O presidente da Xunta Alfonso Rueda explicou que a normativa estatal establece 14 festivos, dous deles elixidos polos concellos e dous polas comunidades. Nove son de carácter obrigatorio e salvo que coincida en domingo, non poden ser substituídos: 1 de xaneiro, Venres Santo, 1 de maio, 15 de agosto, 12 de outubro, 1 de novembro; así como o 6, 8 e 25 de decembro. Tamén serán festivos en Galicia o 6 de xaneiro e o Xoves Santo.