0
Dito accidente aconteceu un cuarto de hora antes das 18:00 horas deste martes, na área recreativa do Salgueiral, en Viloira. Segundo a información recollida polo 112 Galicia, un tractor que circulaba por un camiño acabou caendo por un terraplén de cinco ou seis metros. O condutor non estaba atrapado pero si inconsciente.
Rapidamente, desde a Sala de Operacións do 112 Galicia compartíronse os datos co Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, co GES de Valdeorras, coa Garda Civil e coa Policía Local.
Unha vez no punto, os medios só puideron confirmar o seu falecemento da persoa implicada.
