20 M€ para tecnoloxías cuánticas, biotecnoloxía aplicada á saúde e ás ciencias mariñas

1 minutes read

Galicia participará con esta cantidade en tres das catro primeiras áreas de I+D+i lanzadas polo Ministerio de Ciencia, no marco dos plans complementarios coas comunidades ligados ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da UE, co obxectivo de fomentar a coordinación das capacidades rexionais en investigación, construír sinerxías e apoiar proxectos de transformación económica territorial.

Así, no eido das Tecnoloxías Cuánticas, a Comunidade coordinará –a través do Cesga— un proxecto xunto con País Vasco, Cataluña, Madrid, Castela León e o CSIC para avanzar no desenvolvemento desta ferramenta. E para logralo contará con 9,6M€, dos cales 3,4M€ procederán da Administración autonómica.

Galicia aspira tamén a que o Executivo central asigne fondos europeos Next Generation a este polo cuxos avances permitirán acelerar o desenvolvemento económico grazas ás aplicacións destas tecnoloxías en medicina, medio natural, biotecnoloxía, aeronáutica, automoción ou loxística.