200 propostas de sanción nos controis de fin de ano


Os controis de fin de ano realizados pola Garda Civil e a Policía Nacional en Galicia deixaron case duascentas propostas de sanción. A maioría partiron da Garda Civil que realizou controis nas estradas pra impedir o incumprimento das restricións de mobilidade. Para Reis, os axentes van intensificar ademais os controis de alcol e drogas. Héctor Teixeira, do Sector de Tráfico de Galicia, afirmou que “Os controis son dinámicos, establécense en diferentes puntos de vías, estradas e horas, en diferentes lugares para establecer unha sensacion subxetiva de control da zona, que estea máis controlada e coa xente máis responsable”. A Garda Civil seguirá vixiando o cumprimento das restricións en función do que vaian decidindo as autoridades sanitarias cada semana, Pero ademais anuncia máis controis de alcol e drogas para estes días.