2020 trae unha nova suba das peaxes da AP-9

1 minutes read

A partir do un de xaneiro, os condutores terán que facer fronte á suba xeral das autoestradas concesionadas polo Ministerio de Fomento. Unha pocentaxe ligada ao IPC cun incremento medio do 0,84%.

A esta suba xeral os usuarios da AP-9 terán que sumar outras dúas. É o 1% fixado para que Audasa recupere o que investiu en obras como a ampliación de Rande. E a porcentaxe coa que se lle compensa á concesionaria polo treito de balde implantado en 2013 na viaxe de volta entre Vigo – Pontevedra.

Á falta da aprobación definitiva, Fomento e Audasa concretan a alza por treitos.

Calcúlase que o incremento será de máis dun 2,5%, o maior do previsto nas autoestradas españolas.