2022 foise como o ano máis caloroso en España desde que hai rexistros

1 minutes read

2022 finalizou como un ano moi seco e extremadamente caloroso, “o máis cálido con diferenza” en España desde que hai rexistros, segundo os datos preliminares da AEMET, que sinala que excepto marzo e abril, que foron fríos, todos os meses tiveron un carácter cálido, moi cálido ou extremadamente cálido. O outono, que finalizou o pasado 21 de decembro, tamén se caracterizou pola escaseza de choivas e por ser o máis caloroso da serie histórica, cunha media de 16,3 graos. Por meses, só marzo e abril foron meses fríos xa que o resto tiveron temperaturas “claramente superiores” á súa media normal e de momento. Tamén este último mes de decembro, que se converteu no máis cálido da serie histórica, desbancando ao decembro de 1989. España atravesou este verán tres grandes episodios na Península e Baleares cuxo efecto xa se notou na agricultura, nas reservas de auga e na mortalidade. Foron 42 días cos termómetros por encima do normal, que supoñen ao redor do 45% da duración do verán climatolóxico, segundo o balance provisional da Axencia Estatal de Meteoroloxía. Pola súa banda, Canarias rexistrou outras dúas ondas de calor, de tres días cada unha, que se concentraron no mes de xullo.