26 Nadadores cítanse en Carballo e Ferrol esta fin de semana

1 minutes read

Os nadadores da AD.Fogar de Carballo e Oleiros poñen en liza o sábado a 26 dos seus nadadores e nadadoras, 25 da categoría alevín e 1 da absoluta. Os alevíns do Fogar tomarán parte na Piscina Municipal Carballo Calero de Carballo na 5ª xornada da Liga Galega, e co obxectivo de manterse na loita entre os 12 mellores da categoría, tendo en conta o axustado da clasificación entre os postos 12º, 13º e 14º dos 30 clubs galegos que conforman a categoría.

Nesta quinta rolda ligueira nadaránse as probas individuais dos 100 e 200 metros bolboreta, costas e braza e os 100 e 800 metros libres, ademáis das substitucións por equipos dos 4×50 metros estilos mixtos.
O representante absoluto da AD. Fogar da fin de semán será Manuel Verdes Collazo, que tomará parte en Ferrol no Trofeo Norte-Sur co combinado do norte e nas probas de 50, 100 e 200 braza