38
Catro compañías distribuidoras e unha farmacéutica pagarán 260 millóns de dólares a dous condados de Ohio, en Estados Unidos, pola crise sanitaria xerada pola comercialización de opiáceos sen advertir da adicción que eses medicamentos podían causar. O acordo pechouse pouco antes de iniciarse o xuízo sobre a responsabilidade de centos de miles de mortes en Estados Unidos causadas por este tipo de fármacos.