Pese a que as competencias son municipais, e vendo que o Concello de Ribadeo non achega ningunha solución, a Xunta decide tomar a iniciativa e buscará unha nova localización para os usuarios durante o tempo que a Administración local, como titular do centro, realice os traballos. É importante sinalar que xa no seu momento, e co fin de facilitar este procedemento, a Administración autonómica modificou a normativa que regula as obras en centros de servizos sociais e introduciu cambios que facilitaron unha solución á necesaria adaptación do Hospital Asilo. No referente á financiación das obras, a Xunta asinou o pasado ano coa Fegamp un acordo marco de colaboración para destinar 18,5 M€ a un plan de investimentos para a construción, reforma ou ampliación de centros para maiores de titularidade municipal.