Comezou o proceso de selección para estudar na Escola de Hostalaría de Carballo

1 minutes read
  • Ao primeiro exame, presentáronse 30 das 39 persoas inscritas

Este martes o auditorio do Fórum Carballo acolleu o primeiro examen para poder acceder ao curso de cociña que se impartirá na Escola Municipal de Hostalaría. Ademais do director da escola, Fernando Agrasar; o profesor José Manuel Martínez e a técnica municipal Milagros Antelo, que ofreceron as explicacións oportunas aos candidatos e candidatas e seguiron o desenvolvemento do exame, tamén se achegou ata o Fórum o concelleiro de Formación e Emprego, Iván Andrade.

Finalmente presentáronse 30 das 39 persoas que estaban inscritas, e todas acadaron a nota mínima para pasar á seguinte fase. Os/as candidatos/as poderán presentar as reclamacións que consideren oportunas no prazo máximo de tres días hábiles dende a data da publicación dos resultados.

O segundo exercicio celebrarase o martes 1 de outubro, a partir das 10.00 horas, no mesmo lugar.

Listaxe dos resultados do 1º exercicio.