30 estrelas Michelín no Camiño de Santiago para un evento benéfico

1 minutes read

Cociñeiros con máis de 30 Estrelas Michelin amosaron o seu apoio ao Xacobeo 2021 no marco do proxecto Estrelas Solidarias no Camiño, organizado polo restaurante Casa Barqueiro. Dentro desta iniciativa, algunhas das figuras máis prestixiosas do mundo da cociña como Martín Berasategui, Eneko Atxa, Jordi Cruz, os irmáns torres ou Elena Arzak realizaron unha andaina pola ruta de Fisterra e Muxía desde Ponte Maceira e, posteriormente, participaron nun percorrido-degustación con máis dunha ducia stands de produtos enogastronómico e de Galicia Calidade.

O conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, Román Rodríguez, subliñou o potencial deste tipo de proxectos á hora de impulsar o Ano Santo e favorecer a súa proxección exterior. Neste sentido, agradeceu o interese dos cociñeiros participantes o seu respaldo ao Camiño de Santiago no marco deste proxecto, que –puntualizou– reúne valores como a enogastronomía, o impulso á Ruta Xacobea ou a solidariedade, xa que os seus beneficios irán destinados a Cáritas.