35 familias de Ponteceso únense ao programa de compostaxe doméstica

1 minutes read
  • Este sábado desenvolveuse unha charla informativa na biblioteca municipal

A biblioteca municipal de Ponteceso foi o lugar elixido para desenvolver unha sesión informativa sobre o uso correcto dos composteiros. A charla estivo impartida por Crstina Cabana Díaz, técnica de Sogama.

Tras o remate deste acto, procedeuse á repartición dun total de 35 composteiros entre os veciños de Ponteceso que xa os solicitaran previamente. Con estes elementos «poderán levar a cabo prácticas sostibles e respectuosas co noso entorno», sinalaron desde o Concello.

Por outra banda, os asistentes á esta sesión explicativa tamén tiveron a oportunidade de visitar a exposición de Fegadace sobre o dano cerebral. A mostra permanecerá exposta no Melga ata este mércores 17.

Exposición de Fegadace sobre o dano cerebral no Melga de Ponteceso_Cedida