36 novos casos de covid na Mariña, o maior incremento nun día dende o inicio da pandemia


Este xoves, a Xunta informou a través dun comunicado de que “o brote de coronavirus da Mariña contaba con 21 casos activos máis” que o día anterior, cando este indicador se situaba en 144. Isto fai que o total de “positivos activos” chegue a 165. Pero o Sergas tamén indica que o número de “altas epidemiolóxicas de persoas que eran positivas” a causa do brote ascende xa a 25, quince máis. O número de novos casos detectados na xornada deste xoves foi de 36.