35
O Diario Oficial de Galicia ven de publicar as novas convocatorias de autoconsumo e enerxías renovables destinadas a particulares, autónomos, entidades sen ánimo de lucro e administracións ás que destina 17,2M€ co obxectivo de chegar a 3000 beneficiarios e crear ao redor de 310 empregos. Esta cantidade, sumada aos 19,8M€ da convocatoria xa aberta para empresas fai un total de 37 millóns cos que o Goberno galego prevé mobilizar 98M€, favorecer aforros económicos de 10,1M€ ao ano e reducir as emisións anuais de CO2 en 33.100 toneladas, o equivalente a plantar 1.655.000 árbores. O prazo de adhesión para entidades colaboradoras está aberto, mentres que o prazo de solicitude para os interesados comezará o 13 de decembro.