4 detidos por presuntos delitos de roubo en A Coruña

Garda Civil

A área de Investigación do Posto Principal da Garda Civil de Arteixo detivo a catro persoas no marco da Operación Pancho, dando así por finalizada a mesma.

Os feitos ocorreron durante a explotación da cuarta fase desta operación, na que ata o momento se detiveron a sete individuos: 3 como presuntos autores de varios delitos de roubo con forza nas cousas e os outros catro como presuntos autores de varios delitos de receptación.

Os detidos son dous veciños de Arteixo, un da Coruña e outro de Aranga, e durante os rexistros pertinentes, recuperáronse a totalidade dos obxectos substraídos nos últimos roubos que realizaran.

Os detidos foron postos á disposición do Xulgado de Garda da Coruña.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha