400.000 mozas e mozos galegos de entre 12 e 30 anos recibirán o Carné Xove

1 minutes read

O Carné Xove prestará descontos e axudas para eventos culturais, aloxamento, transporte, comercio ou servizos educativos. As mozas e mozos comezarán a recibir o novo Carné Xove, cun deseño renovado, a partir do próximo mes de xaneiro. Unha vez o reciban nas súas casas, tan só terán que activalo nun dos centros habilitados para desfrutar das súas vantaxes.

Outra das novidades é que se suprimirán as taxas para a súa renovación, que actualmente son de seis euros. A súa vixencia pasará a ser indefinida, en lugar de caducar cada dous anos, de xeito que o carné será válido ata que o seu titular cumpra os 30 anos. Tamén se impulsará o comercio local a través dun convenio coa Asociación de Jóvenes Empresarios de Galicia que permitirá adherir ao programa establecementos de proximidade. Así mesmo, poñerase en marcha unha nova aplicación móbil que permitirá acceder a un listado de descontos e promocións xeolocalizados.