47 participantes no campamento de verán organizado polo Concello da Laracha

2 minutes read

Nesta semana estase a realizar o campamento de verán organizado polo Concello da Laracha, no que participan 47 rapaces de idades comprendidas entre os 7 e os 9 anos. A maior parte das actividades lévanse a cabo en Caión.

Cada día o autobús cos rapaces e os monitores sae da praza do Concello ás 10:00 e regresa ás 18:00 horas. A parada para o xantar nas instalacións do centro sociocomunitario é ás 14:00 horas.

O luns, na primeira xornada do campamento, os rapaces fixeron un obradoiro de cociña e tamén estiveron xogando con distintos xogos xigantes (3 en 1, twister, mikado…). Este martes a xornada desenvolveuse integramente no aquapark de Cerceda.

Este mércores pola mañá realizaron xogos na praia e pola tarde practicarán kaiak e padel surf.

A xornada deste xoves é íntegra no centro de turismo ecuestre O Ventoso de Erboedo. O venres despedirán a actividade  con distintos xogos, festa de polvos de colores e desfrutando con inchables de auga e a festa da escuma.

Todos os anos o Concello aposta por celebrar estes campamentos no marco do programa cultural e deportivo de verán aproveitando as instalacións municipais existentes en Caión e as características da vila, que permiten organizar un amplo abano de actividades nesta época do ano. Ademais de ofrecer ao nenos a posibilidade de divertirse practicando deporte e realizando actividades de tipo educativo, os campamentos son tamén unha importante axuda para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar dos seus pais durante as vacacións nos centros de ensino.

A vindeira semana levarase a cabo a segunda quenda do campamento, neste caso dirixida a nenos e nenas de 10 a 12 anos. As prazas xa están agotadas.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?