- A maior parte das actividades lévanse a cabo na praia de Caión e o Concello asume todos os gastos.
Uns 50 rapaces e rapazas do municipio da Laracha de entre 8 e 11 anos participan esta semana no campamento de verán organizado polo Concello, que corre con todos os gastos. A maior parte das actividades lévanse a cabo na praia de Caión e cada día sae un autobús cos rapaces e os monitores da praza do Concello ás 10:00 horas, regresando ás 18:00.
Durante esta semana practicaron diversas actividades como surf e kaiak, obradoiro de slime, un roteiro en bicicleta, volei praia, xincana de xogos tradicionais e unha visita ao aquapark de Cerceda. Para este xoves prevese unha xornada no centro de turismo ecuestre O Ventoso de Erboedo e o venres será o último día de campamento con actividades como tiro con arco, inchables e festa da escuma.
Durante o mediodía deste mércores os cativos recibiron a visita do alcalde, José Manuel López Varela, e da concelleira Patricia Bello.