6 medallas e 6 récords para AD Fogar no Nacional Máster de Verán

1 minutes read

Elisa Pichel e Julio Martínez remataron a súa participación no XXXII Campionato de España «Open» Máster de Verán celebrado na piscina «José Feo» do C.N. Metropole canario. Ao máximo torneo nacional da categoría acudiron 152 clubs e 1.095 nadadores-as, 633 homes e 462 mulleres. Como non podía ser menos os dous representantes de Carballo e Oleiros callaron un gran torneo facéndose cun botín de 6 medallas, 4 plusmarcas galegas e outras 2 do club. Elisa Pichel da categoría de 35 a 39 anos volveu a ser protagonista logo de acadar a medalla de prata nos 100 bolboreta e as de bronce nos 50 bolboreta e os 200 estilos e braza; ademáis nos 100 bolboreta e os 200 estilos batía os récords galegos e do clube na categoría das de máis de 35 anos. Julio Martínez, outro dos da AD Fogar que visita con regularidade o caixón de premiados, sumaba ao seu palmarés os bronces nos 100 e 200 bolboreta batendo tamén as mellores marcas galegas nas dúas probas.