65 millóns de persoas poderían perder o seu emprego relacionado coa aviación

1 minutes read

25 millóns de empregos están en perigo polo impacto da crise do coronavirus nas aerolíneas se as estritas limitacións de circulación duran ata tres meses. 2,7 millóns corresponderían ao sector aéreo. O total dos afectados podería chegar a ser 65 millóns e medio de persoas que traballan en sectores relacionados coa aviación, como o de viaxes ou o turístico. Asegúrao a IATA, a Asociación Internacional de Transporte Aéreo, nun comunicado, no que mantén que a rexión máis afectada sería a de Asia-Pacífico, onde máis de once millóns de empregados poderían quedar na rúa, seguida de Europa, con 5, 6 millóns de damnificados. E Latinoamérica podería perder case tres millóns de postos de traballo.