7 centros da provincia da Coruña participarán no programa «Educa Responsable»

1 minutes read
  • Trátase dun programa para o desenvolvemento da educación emocional, social e da creatividade.

O obxectivo é promover o desenvolvemento saudable do alumnado, a partir do traballo co profesorado, co alumnado e coas familias, favorecendo a educación emocional, social e creativa para acadar un maior benestar persoal, social e académico. Así mesmo, a iniciativa contribúe á mellora do clima de convivencia no centro docente e ao éxito escolar do seu alumnado. No ano académico 19/20 participarán neste programa un total de 52 centros de toda Galicia.

Os centros que se unirán ao programa no curso 2019/20 na provincia da Coruña son o CEIP Pío XII (Santiago de Compostela), o CEIP Ponte dos Brozos (Arteixo), o CEIP Alborada (A Coruña), o CEE Nosa Señora do Rosario (A Coruña), o CPI Alcalde Xosé Pichel (Coristanco), o CEIP Plurilingüe Virxe do Mar (Narón) e o CEIP Plurilingüe San Xosé de Filgueira (Ferrol).