70 ciclos de FP impartirán este curso parte do seu currículo nunha lingua estranxeira

1 minutes read

Así o anunciou este martes a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, na súa visita ao CIFP Politécnico de Lugo. De feito, un dos tres centros educativos que se incorpora este ano ao plurilingüismo en FP é da cidade da Muralla, o IES Nosa Señora dos Ollos Grandes. Na provincia impartirán ciclos plurilingües tamén o CIFP As Mercedes (Lugo) e o IES Val do Asma (Chantada).

Declaracións de Carmen Pomar.

Por outra banda, o ciclo de grao superior en Mantemento aeromecánico de avións con motor de turbina (impartido no CIFP As Mercedes, en Lugo) será un dos primeiros en Galicia en incorporar o Módulo de Lingua Estranxeira Profesional, módulo propio da Comunidade Autónoma para facilitar a capacitación en idiomas ao alumnado de ciclos formativos.

Durante a súa visita ao CIFP Politécnico Carmen Pomar anunciou ademais que a Consellería vai realizar unha ampliación, coa construción duns novos talleres para os ciclos da familia profesional de Madeira, moble e cortiza. Edificarase sobre o espazo que agora ocupa a pista descuberta e será o primeiro proxecto de talleres de FP construído integramente en madeira. O importe da obra ascenderá a arredor de 1 millón de euros.