8, 9 e 10 de setembro | 21 carpas para o Mercadillo CCA Carballo

1 minutes read
  • O Mercadillo CCA coincidirá o domingo coa segunda edición da Feira Bercamel coa colaboración da Concellaría de Feiras e Mercados, na primeira feira dominical do mes de setembro.

O Concello de Carballo será quen patrocine na súa totalidade unha nova edición do Mercadillo CCA, un espazo para os expositores, que terá lugar os días 8, 9 e 10 de setembro na rúa Alcalde Jacinto Amigo Lera, manténdose a ubicación do ano pasado. O Mercadillo desenvolverase en 21 carpas de 3×3 m2, das cales dúas estarán destinadas a probadores. As carpas instalaranse o xoves pola tarde de modo que os expositores poderán montar o venres ao longo do día, antes das 17:00 horas. O evento contará con seguridade privada nos momentos en que non estea aberto ao público. A participación é gratuíta para socios do CCA Carballo.

Estes son os establecementos participantes, seleccionados polo propio CCA entre os seus asociados: A fragua, Akira, Atelier, Atmósfera Sport, Benetton, Chiquikids, D&A Complementos, DV Carballo, Jorge moda, Lencería Mª José, Maker Store, Maluca Lobe, necos, O barco dos soños, Refugallo Zero, regalosyregalitos.com, Xoguetería Merliño, Zapatillería Isabel e Zocas.

Horario:

Venres: de 5 da tarde a 9 da noite

Sábado: de 10 a 14:30 e de 17 a 21 horas

Domingo: de 10 as 14:30 e de 17 a 19 horas