O Goberno de Vigo licita por 2,9 millóns a finalización da Vía Verde

1 minutes read

Para Abel Caballero, a senda Vía Verde, é “un gran paseo en todo o trazado ferroviario desde Vía Norte ata Redondela”, “unha das grandes humanizacións da cidade de Vigo”, con 3,6 quilómetros de lonxitude e 3,4 millóns de investimento, e estará en funcionamento “antes dun ano”. O goberno vigués aprobou os pregos de condicións e lanza a licitación pública, cunha reserva de 2.968.000 euros para completar a remodelación, contía que se engadirá aos 430.000 euros abonados pola primeira fase xa aberta ao público. O alcalde subliñou que a Vía Verde ofrecerá zonas de esparexemento con xogos infantís, aparatos biosaudables e un circuíto de adestramento ao aire libre, con mesas de ping-pong, e terá numerosos puntos de entrada e saída ao longo dos seus máis de tres quilómetros e medio de traxecto.