18
- Durante a Semana Santa publicaranse os vídeos do certame nas redes sociais
A organización da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña busca modelos de Camariñas para participar nos vídeos que se elaborarán para a segunda edición da Mostra Virtual das coleccións de Jóvenes Diseñadores.
Calquera persoa interesada en participar debe contactar coa organización a través do teléfono 653 265 529 ou do correo electrónico dolores.lema@camarinas.net.
En canto se xunten os modelos establecerase unha data para a gravación das pezas audiovisuais, que se realizarán en diferentes localizacións do Concello de Camariñas e con todas as medidas de seguridade. Os vídeos serán gravados por alumnos do Grao en Comunicación Audiovisual da Universidade da Coruña.