O Instituto Xeolóxico Nacional rexistrou 13 novos pequenos sismos nas últimas doce horas. Os dous meirandes acadaron os 2’2 graos na escala de Richter. O resto acadaron intensidades de entre 1’5 e 1’9 graos. Os epicentros sitúanse na zona de Santa Fe e no concello de Atarfe. A provincia de Granada rexistrou máis de 800 sismos nunha serie que comezou o pasado 1 de decembro. A Junta de Andalucía mantén ativa a fase de pre emerxencia do Plan de Emerxencias ante risco sismico. Os terremotos que afectan a Granada e a súa área metropolitana desde hai unha semana provocaron danos na fachada da Catedral de Granada, cun pináculo partido e outro que se desprendeu e caeu ao chan. Segundo informou este sábado o Arcebispado de Granada, a revisión realizada durante este venres para analizar o impacto dos terremotos no edificio, obra de Diego de Siloé, detectou danos na fachada principal. Neste espazo da Catedral, os movementos sísmicos provocaron danos en dous pináculos e a caída dun deles sobre a Praza das Pasiegas. Como medida preventiva, a zona permanece acordoada e continuará delimitada ata que acaben os traballos de revisión, comprobación e consolidación que se executarán durante os próximos días.
22