19
Para facer compras en Internet superiores aos 30 euros agora temos que verificar a nosa identidade dúas veces, a chamada autentificación reforzada. Para facelo, ademais do clásico contrasinal deberemos introducir o código de seguridade que chegue ao noso teléfono móbil ou ben, unha terceira opción, identificarnos coa impresión dixital ou de recoñecemento facial. Este mesmo proceso de seguridade será necesario para acceder á banca electrónica e nalgunhas compras dos comercios físicos. O obxectivo é evitar a fraude e mellorar a seguridade das nosas compras con tarxeta.