17
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu no Congreso a transferencia da AP9 argumentando a importancia estratéxica para Galiza desta vía que cruza o país de norte a sur por estrada, pero cuxas peaxes son unha “estafa legalizada” que soportan os 22.000 galegos e galegas que a usan a diario, peaxes que lastran a economía das persoas e das empresas do país. Esta situación, subliñou Pontón, non é froito do azar senón de decisións políticas dos gobernos do Estado, tanto do PP como do PSOE. “É hora de ter unha AP9 galega e libre de peaxes”, proclamou na súa intervención.