23
O equipo carballés que dirixe Fernando Buendía non fixo un mal partido, pero de todos os xeitos sumou unha nova derrota, esta vez na casa e a porta pechada, e xa van tres seguidas. Xogouse este mércores o partido aprazado da xornada 7 contra o Xixón Basket. Palloti, Diagne e Rey foron os anotadores destacados do Xiria, que ao final do partido perdeu por 10 puntos de diferenza (78-88).