30
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, denunciou “a falta de ambición, de seriedade e de rigor” de Feijóo á hora de afrontar a negociación dos fondos europeos Next Generation, 12.600 M€, claves para sacar ao país da crise. “O único que hai é un presidente da Xunta convertido en axente comercial dun puñado de multinacionais, mentres deixa na estacada ao tecido produtivo real, ás pequenas e medianas empresas, aos traballadores e traballadoras autónomos. Un presidente que no encontro-fiasco con Sánchez renunciou a pedir a xestión directa e que se conforma con recibir o 4,6% dos fondos europeos de recuperación”, criticou.