- O amor pode con todo? é o título da charla que impartirá Trillo este luns a través da plataforma carballoenrede.com
Este domingo, 14 de febreiro, celébrase o Día do Amor, e as concellarías de Igualdade e Normalización Lingüística do Concello de Carballo seguen apostando por sensibilizar á poboación, sobre todo á máis nova, sobre os falsos tópicos asociados ao amor romántico. Aparte do concurso de lemas para desmontar os falsos mitos relacionados con este tema, este luns terá lugar unha charla na plataforma carballoenrede.com para continuar con esta labor.
Un dos mitos tratados será O amor pode con todo?. Sergio Trillo, licenciado en Psicoloxía con experiencia nos ámbitos de servizos sociais, a educación ou rehabilitación de dano cerebral e saúde mental, será o encargado de impartir esta charla, que comezará a partir das sete da tarde e que ademais se retransmitirá través da canle de Facebook do Concello de Carballo.