Gonzalo Caballero chama a Feijóo a “rexeitar e non ser cómplice” da vacinación irregular

1 minutes read

Gonzalo Caballero sinalou este sábado desde Monforte de Lemos a dureza desta terceira onda e apelou á Xunta a “salvar á xente, protexendo a súa saúde e a súa economía” logo de que “fallara a estratexia de salvar o Nadal”. Subliñou que “as vacinas son a mellor garantía”. Por iso, tras recordar que “os socialistas sempre asumimos e nunca cuestionamos as restricións” adoptadas pola Xunta, deixou claro que “non imos consentir nin ser cómplices” das vacinacións irregulares. Aludiu así tanto ás 200 persoas que se vacinaron fóra dos protocolos, polo que tivo que desculparse o xerente do hospital de Pontevedra; á vacinación irregular da conselleira delegada de DomusVi, “unha empresaria moi próxima ao PP” e en cuxos xeriátricos faleceron máis de 2.600 persoas; e á alcaldesa do PP en Boimorto.