Intenso e emocionante, así se pode describir un partido sen tempo para respirar onde os dous conxuntos estiveron a un gran nivel no Polvorín. O Club de Balonmán da Cañiza iniciara unha campaña de apoio nas redes sociais para promocionar o encontro baixo o hashtag #quendixomedo e o certo é que lle resultou moi ben, o equipo saíu moi enchufado á pista, plantándolle cara en todo momento ao líder da categoría, o Calvo Xiria. De feito chegouse ao descanso con vitoria do conxunto pontevedrés por 18-15. A segunda parte tamén comezou con dominio local, chegando a unha renda de 7 goles por encima do Xiria no ecuador da mesma. Nos últimos 10 minutos os xogadores que dirixe Adrián Dubra apertaron un pouco máis aproveitando unas cantas improvisacións e perdas de balón do equipo local. Unha mágoa un balón que non lle entrou a Juanka nos últimos segundos. Ao final non puido ser, o Calvo Xiria deixouse na Cañiza a súa segunda derrota da tempada 40-38, pero segue líder.
17