A ampliación do Museo do Pobo Galego permitirá ofrecer un cadro máis completo de Galicia

1 minutes read
Intervención do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou que a obra facilitará ao museo unha suma de espazos e equipamentos na área do convento e na ala sur, que servirán para aumentar a oferta de contidos e habilitar este novo apartado cultural de primeiro nivel.

Ademais dos 1.600 metros cadrados máis de superficie, o edificio conta cunha fachada e cuberta renovadas; cun mellor illamento; e cunha mellor comunicación, ao dispoñer dun ascensor de alta capacidade e dunha escaleira vertical que une todas as plantas.

Feijóo lembrou que este museo é “unha iniciativa de país”. “Por riba das individualidades, no seu espazo reivindícanse os vencellos comúns que unen aos galegos como pobo. Estamos a falar dun espazo vivo que funciona como divulgador da nosa historia, da nosa etnografía e da nosa cultura material e inmaterial, para coñecernos e para darnos a coñecer ao resto dos pobos”.