Galicia contará cunha unidade multidisciplinar poscovid en cada área sanitaria

1 minutes read

Estas unidades, que comezarán a funcionar neste mesmo mes, estarán compostas por un equipo de profesionais de diversas disciplinas, nas que o núcleo duro estará conformado por especialistas en medicina interna, pneumoloxía e enfermería con función de xestión de casos e consulta de coidados específicos.

En relación ao seu funcionamento, no caso dos pacientes ingresados, unha vez que reciban o alta serán chamados no prazo de 7 días para realizar unha primeira valoración clínica post-alta e concertar unha cita hospitalaria, e no caso de pacientes que non requiriron ingreso, deberán pedir cita no seu médico de familia no caso de padecer sintomatoloxía persistente.

En Galicia 115.000 persoas padeceron a enfermidade e delas en 1 de cada 10 os síntomas poderían prolongarse no tempo máis de 12 semanas, de acordo coa evidencia científica actual.

Ditas unidades darán soporte aos profesionais de atención primaria nunha relación de coordinación que quedará definida en tres circuítos. O primeiro, para pacientes que non foran ingresados e para os enfermos aos que a unidade lles deu o alta. O segundo, para os que si ingresaron e foron monitorados por esta unidade ata que foron derivados á primaria. E, por último, o terceiro para os pacientes que foron derivados xa desde primaria.