39
Este sábado tivo lugar a recepción oficial no Salón de Plenos vimiancés ao plantel do Club Vimianzo Tenis de Mesa, que acadou recentemente un doble ascenso de categoría. Por unha banda, o Figueiras participará o vindeiro ano na Terceira Nacional, e o Xeal en Primeira Autonómica.
O acto foi presidido pola alcaldesa, Mónica Rodríguez; o concelleiro de Deportes, Mario Andújar; o presidente do Club, Francisco Paz, e os xogadores e xogadoras.