Cárcere por trata para o expresidente de Xóvenes Agricultores

1 minutes read

Juan Luís Pérez, de 64 anos, era supostamente o financiador da rede que traficaba con mulleres paraguaias para explotalas sexualmente en pisos e bordeis de España.

O que foi acompañante estival de cargos do PP como Mariano Rajoy e presidente do sindicato Xóvenes Agricultores-Asaja Galicia (ata que en 2016 disolveuse aburado polas débedas) foi detido o martes pola mañá nun domicilio da rúa compostelá Xeral Pardiñas e permaneceu nos calabozos ata que este xoves prestou declaración ante o xuíz instrutor, Andrés Lago Louro, que decretou o seu ingreso en prisión, como suposto xefe da organización que captaba a mozas no seu lugar de orixe e xestionaba, a través dunha axencia de viaxes de Cidade do Leste (Paraguai) o seu traslado a España.