19
Monbus Obradoiro anunciou a renovación de Moncho Fernández por dúas tempadas máis. Trátase sen dúbida da noticia máis esperada pola afección obradoirista que temía unha posible marcha do de Pontepedriña ao non renovar tan pronto como noutras ocasións e ao circular rumores sobre a súa posible marcha. As negociacións foron máis complicadas chegado este momento, posiblemente motivadas pola dura situación económica que viviu o club por culpa da pandemia. Moncho Fernández convértese así no adestrador que máis tempadas leva dirixindo a un equipo da liga Endesa con 10 xunto a Pablo Laso e é quen ascendeu ao equipo no curso 2010/11, récord que seguirá aumentando con esta renovación.