Pubs e discotecas poderán pechar ás tres, usar as pistas de baile e sen necesidade de entregar PCR

1 minutes read

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, concretaron as normas que rexerán a reapertura destes locais, que terán, do mesmo xeito que a hostalería diúrna, unha ocupación do 50 % en interior e do 100 % no exterior. Estas medidas afectarán a todos os pubs, salas de concertos e discotecas de Galicia, nas que ademais se poderá utilizar a barra para pedir a consumición, aínda que non para consumir, e tamén as pistas de baile, con uso obrigatorio de máscara e distancia social. Os clientes terán que identificarse antes de entrar nos locais e facilitar os seus datos para o rastrexo no caso de producirse contaxios; será obrigatorio o uso do xel hidroalcohólico e os establecementos deberán instalar, do mesmo xeito que a hostalería, medidores de CO2. Queda descartada a presentación de probas PCR como medida para acceder a estes establecementos.