Ciudadanos propón eliminar a peaxe da AP-9

1 minutes read

Ciudadanos considera que Galicia ten un “serio problema” coas infraestruturas, un tema que considera “clave” na loita contra o despoboamento. Por iso, o partido de Rivera expón medidas como unha “tarifa plana” para viaxar en tren ou autobús por toda a Comunidade e, en canto á AP-9, a súa gratuidade nas áreas metropolitanas. O responsable da área económica de Ciudadanos e cabeza de lista ás eleccións europeas, Luís Garicano, anunciou propostas da formación para as próximas eleccións xerais do 28 de abril durante un acto con afiliados en Santiago, unha das paradas do seu percorrido por Galicia que o levou ata Lugo e a Ribeira Sacra.