Josep Borrell, alto representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade, recoñeceu este mércores que Occidente fracasou en Afganistán. “O que ocorreu en Afganistán é unha derrota do mundo occidental e iso hai que miralo de fronte e ter o valor de recoñecelo”, declarou. “Hai que mirar as causas e consecuencias, que desde o punto de vista xeopolítico serán moi importantes, porque é o acontecemento político máis importante desde que Rusia se anexionou Crimea e terá repercusión no mundo”, engadiu. Segundo Borrell, “temos que aceptar e asumir que tras 20 anos de guerra, as cousas non foron ben. Para os que defendemos os valores democráticos e os dereitos humanos no mundo, estas imaxes teñen que obrigarnos a reflexionar como podemos facelo mellor”.
19