O XI Autocrós Carballo inaugura o Campionato Galego 2019

1 minutes read
  • Setenta pilotos citaranse este sábado no Circuíto Municipal de Bértoa

Tras o descanso invernal, a expectación é máxima no Campionato Galego de Autocrós, que arranca este sábado no Circuíto de Bértoa coa proba que organiza, como xa é habitual, a escudería local Máis Motor en colaboración co Concello de Carballo, Carballo Deporte e a Federación Galega de Automobilismo. Se na xornada de adestramentos libres que se celebrou a semana pasada no trazado municipal carballés foron case 50 os pilotos que aproveitaron para poñer a punto os seus vehículos, para a carreira que se celebrará esta fin de semana espérase que o número chegue aos 70, entre eles os máximos favoritos ao título en todas as categorías.

O XI Autocrós de Carballo presentouse este martes nunha rolda de prensa na que participaron o alcalde, Evencio Ferrero; o presidente de Máis Motor, Juan Puga; e dúas das promesas da canteira da escudería carballesa, Beto Lorenzo e Fabián Varela.