Estos 61 novos vehículos foron entregados para facilitar as tarefas de protección e conservación do patrimonio natural aos axentes medioambientais e vixilantes de recursos naturais.
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, nun acto coas axentes e vixiantes de toda a Comunidade, repartiu os 15 todoterreos e 46 pick up, adquiridos en modalidade de renting.
Estes vehículos súmanse aos 81 xa entregados en 2019, e que se continuará coa renovación do 100%; co fin de equipalos coas mellores ferramentas de traballo para garantir a conservación dos bens naturais de Galicia.
Con esta adquisición avánzase un paso máis na renovación do parque móbil da Consellería, pensado para estes efectivos que cada día se achegan á multitude de espazos naturais, para velar pola riqueza forestal, cinexética, piscícola e de flora e fauna.