Os Autónomos ven con preocupación como se utiliza a este colectivo para poñelo no centro do debate, sen unha reflexión acerca de cales son as auténticas necesidades e demandas deste sector tan importante. Así, insístese con medidas, como a tarifa plana, que na súa aplicación práctica propiciou unha burbulla de emprendemento que levou a unha rotación de negocios sen sentido, e a unha mortaldade de preto do 90% dos novos Autónomos nos dous primeiros anos de vida do negocio. Ofrécense dereitos que xa existen, duplícanse outros que xa estaban recoñecidos, fanse promesas que non se cumpren, fálase de pensións mínimas, sen explicar como se van a financiar; en fin, a irresponsabilidade alcanza niveis difíciles de soportar para os máis de tres millóns de Autónomos que cada mañá se levantan para tentar pagar as facturas dos provedores e os infinitos impostos que nos impón a Administración, só polo feito de ser Autónomos. Mentres tanto, nin unha palabra dos problemas reais, nada de financiamento, pouco ou nada de rebaixas fiscais concretas, nada de como demos imos garantir o futuro das pensións aos actuais cotizantes e aos que veñan. E moi pouco do emprego, a gran secuela que temos, pese ao enorme esforzo dos Autónomos para crear emprego, e a pesar de que nos últimos anos as cifras reducíronse, un 15% de paro é unha traxedia para calquera sociedade que queira ser xusta; se a iso engadimos o problema demográfico que especialmente en Galicia padecemos e que agora, sequera coa boca pequena, empezan a recoñecer os políticos, se os novos empregos son de baixa calidade e precarios, se os mellores profesionais teñen que emigrar, que van facer os partidos para evitar isto? …Silencio, esta vez si. A ditadura do politicamente correcto lévanos ao esquecemento do realmente importante, que é a defensa das liberdades individuais, o dereito de propiedade, a igualdade de oportunidades e a protección da familia como institución vertebradora da sociedade.
Desde a FEDERACIÓN DE AUTÓNOMOS DE GALICIA piden aos responsable políticos que deixen de utilizalos en campaña e se preocúpen máis o resto do tempo, cando realmente é importante facelo, e dunha vez aposten pola economía produtiva, a industrialización, apoio ao medio rural, fomento da economía local, rebaixas de impostos para que a xente dispoña do diñeiro que é lexitimamente seu e decida libremente o que quere facer con el, aforralo, investilo, gastalo… Facilitar o financiamento aos Autónomos, simplificación administrativa, diminución do tamaño do Estado, redución do gasto público, reforma do Réxime de Autónomos para garantir pensións dignas, facilitar a substitución xeracional dos negocios rexentados por Autónomos.
