Este sábado celebrouse a primeira edición do Campionato de Galicia Match Play Xuvenil, outra das apostas do C. T. J. da Federación Galega de Golf que contou con 40 dos mellores xogadores galegos das diferentes categorías que compoñen a liga Galega Xuvenil. O xogador carballés, Mario Díaz, proclamouse subcampión na categoría Boys/Girls. A proba disputada baixo a modalidade de Match Play Scratch, estivo composta por tres roldas (cuartos de final, semifinais e final) previstas a 6, 9 e 18 foxos pero que por unha meteoroloxía impredicible a última das roldas reduciuse a 9 foxos.
O nivel en todas as categorías foi moi alto e tras as tres roldas os gañadores foron os seguintes:
Categoría Boys/Girls
Campión: ANDREW HILL GARCÍA Subcampión: MARIO DÍAZ LÓPEZ
Categoría Cadete
Campioa: ALBA GONZÁLEZ FERNÁNDEZ Subcampión: ANTÓN PÉREZ MEDÍN
Categoría Infantil
Campión: YAGO LÓPEZ ÁLVAREZ Subcampión: HUGO RODRÍGUEZ DÍAZ
Categoría Alevín
Campión: CARLOS A. MANTILLA GARCÍA Subcampión: MAURO CONDINES ZUNGRI
Categoría Benjamín
Campión: JORGE DA RIVA VÁZQUEZ Subcampión: JULIO FERNÁNDEZ GALLAGA
A entrega de premios, presidida por Jose Ramón Ramos, Pte. do CTJ da FGG e Ignacio De La Cuesta, Xerente do Golf Balneario de Mondariz e á súa vez, árbitro principal da proba, serviu para agradecer o gran traballo do equipo de mantemento do campo e a todos os xogadores polo fantástico “xogo limpo” vivido durante a xornada.
