En vigor os Orzamentos da Xunta para 2022, os máis altos da súa historia

1 minutes read

Coa entrada do novo ano, este sábado entraron en vigor os Orzamentos da Xunta de Galicia para 2022, unhas contas que son as máis altas da historia da Comunidade e que ascenden a 11.627 millóns de euros, coa finalidade de pasar da reactivación á recuperación económica e reforzar o crecemento san. Segundo o Executivo autonómico ‘os Presupostos de 2022 reforzan un ano máis o gasto social tradicional (sanidade, educación e políticas sociais) e o emprego. Así, estes orzamentos inclúen o maior gasto social que ascende a 8.660 millóns de euros para a sanidade, o ensino, as políticas sociais e o emprego, cun aumento de 610 millóns con respecto a este exercicio’. Ademais, reforzan os recursos para o investimento produtivo que tamén contribúe ao fortalecemento dos servizos públicos. Estes Orzamentos inclúen máis de 2.500 millóns de euros para investimentos.

Estos orzamentos recollen novas rebaixas de impostos no IRPF, no Imposto de Transmisións Patrimoniais (ITP) e no Imposto de Patrimonio que se suman a todas as aprobadas nos últimos anos. Mantéñense todas as rebaixas xa aprobadas no Imposto de Sucesións que sitúan a Galicia entre as comunidades autónomas con mellor tratamento fiscal para as herdanzas entre familiares directos e para os irmáns. Tamén se mantén o Programa de ‘Impostos cero no rural’ coa eliminación deste tributo para todas as compravendas de solo rústico, as transmisións totais ou parciais de explotacións agrarias e as agrupacións de fincas rústicas.