20
Durante a sesión de control ao Executivo na Cámara Baixa, Pedro Sánchez subliñou que “o Goberno de España non vai adiantar as eleccións xerais nin a disolver de maneira anticipada as Cortes” porque “este é un Goberno con sentido de Estado que vai antepoñer os intereses xerais a calquera outro tipo de interese”. Na súa resposta á intervención do deputado Pablo Casado, do Grupo Parlamentario Popular, o presidente engadiu que os comicios se convocarán “cando corresponda” e que “os partidos que estamos aquí presentes lexitimamente competiremos para gañar esas eleccións”. “Así é como interpretamos e entendemos o patriotismo democrático”, manifestou.