O adeus definitivo de Eduard Punset

1 minutes read
  • O divulgador científico morreu aos 82 anos despois dunha longa enfermidade

Eduard Punset faleceu hoxe aos 82 anos tras loitar contra «unha longa enfermidade», segundo explicou a súa familia a través dun comunicado nas redes sociais.

Punset era xurista e economista, pero sen dúbida será lembrado por ser un dos principais divulgadores científicos españois, participando durante moitos anos no programa Redes de Televisión Española.

Foi ministro para a Comunidade Económica Europa entre 1980 e 1981, deputado entre 1982 e 1983, Conseller de Economía da Generalitat catalá de 1987 a 1980 e eurodeputado entre 1987 e 1994, sempre aliñado co centro.

A xornalista Ana R. Cañil lembra que foi un dos primeiros en divulgar a importancia de Europa nunha España que espertaba a duras penas de 40 anos de ditadura franquista.

Declaracións da xornalista Ana R. Cañil no seu perfil de Twitter.