Aprobada a convocatoria de OPE de Sanidade con 106 prazas de médico de medicina familiar

0 minutes read

A Xunta comunicou a aprobación da convocatoria da Oferta Pública de Emprego con 106 prazas de médico da especialidade de medicina familiar, co obxectivo de paliar o déficit de médicos na atención primaria. Galicia será a primeira Comunidade en adoptar este sistema selectivo para captar médicos deste nivel asistencial.  Neste proceso poderán participar os MIR que estean no último ano de formación na especialidade de medicina familiar e que estas novas prazas serán de prestación de servizos mixta, dado que combinarán a atención tanto nos centros de saúde como nos puntos de atención continuada.