- O partido Más Madrid, liderado por Carmena, gañou as eleccións municipais deste domingo, pero non sumou maioría
A coalición de esquerdas Más Madrid liderada pola actual alcaldesa Manuela Carmena gañou este domingo os comicios municipais cun 31,06% dos votos, pero a suma dos partidos de dereitas PP, Cidadáns e Vox impediralle seguir á fronte do concello.
Máis Madrid conseguiu 19 concelleiros dun total de 57, o Partido Popular obtivo 15, Cidadáns 11, 8 foron os que sumou o PSOE e 4 VOX.
Manuela Carmena compareceu onte á noite ante os xornalistas e rodeada dos seus achegados para recoñecer a súa derrota, manifestando que «Más Madrid gañou as eleccións e sentímonos satisfeitos, pero non é o resultado que queriamos». Tamén asegurou que a capital española seguirá sendo unha cidade «progresista, aberta, solidaria, participativa e creativa».

Carmena chegou á alcaldía de Madrid no 2015 rompendo cun dominio de centro-dereita que durou 26 anos. Agora, unha das preguntas máis realizadas é que pasará con Madrid Central, pois PP e VOX xa fixeron público que o darán de baixa, mentres que desde Ciudadanos, que aínda non se manifestaron publicamente, si que avogaban por unha modificación, non pola eliminación.
Tamén hai que estar pendente das decisións que se tomarán en Bruxelas, xa que o máis probable é que poña reparos á eliminación da primeira zona de baixas emisións de España.